Carreira das Cidades – Vilamartín de Valdeorras 2018
Atletismo - Tempada 2017/2018
A Carreira das Cidades Contra o Cancro de Páncreas ( CCCP) é un evento solidario dirixido á sociedade para dar visibilidade ao problema deste tipo de tumor, e para conseguir fondos cos que financiar investigación contra esta enfermidade.
A Asociación Española de Pancreatología (AESPANC), que representa aos médicos e investigadores especializados no estudo e manexo das enfermidades do páncreas e a Asociación Cancro de Páncreas (ACANPAN), que representa aos pacientes afectados por este tumor, tiveron a iniciativa e organizan a CCCCP desde o ano 2015.
Na provincia de Ourense, a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas celebrarase o domingo 25 de novembro de 2018 en Vilamartín de Valdeorras.
Organización
ACANPAN (Asociación Cáncer de Páncreas) - AESPANC (Asociación Española de Pancreatología)
Contacto
ACANPAN
info@asociacioncancerdepancreas.org
https://www.asociacioncancerdepancreas.org/