Liga Galega Infantil de Karate 2023 – 2ª Xornada
Karate - Tempada 2022/2023
A Liga Galega de Karate Infantil, é un evento que conta con catro xornadas no 2023, procurando accesibilidade a todas e todos as e os deportistas, e que dúas delas se levaron a cabo na provincia de Ourense (unha en O Barco de Valdeorras e outra en Ribadavia).
Buscamos por unha banda as primeiras experiencias, vivencias e achegas no eido da competición e por outra banda a mellora da condición física das rapazas e rapaces, o aumento da súa motriz e control corporal, tamén a mellora da saúde mental, a seguridade e o incremento da súa autoestima.
Todas e todos as e os participantes, con idades comprendidas entre os 3 e os 15 anos, levarán unha medalla de participación e as e os participantes que acaden a mellor clasificación conseguirán un trofeo.
Trátase dunha xornada de promoción, para as categorías base e na que se potencia a práctica da actividade físico-deportiva. Destacar que co deporte en xeral, a infancia e a mocidade adquire unha serie de principios, perseguen metas e establecen uns obxectivos que supoñen unha mellora na súa vida e na forma de encamiñala dende idades temperás.
Organización
Federación Galega de Karate e DA
Contacto
Federación Galega de Karate e DA
Óscar Lafuente
Presidente
981 323 705
administracion@federaciongallegakarate.com
http://federaciongallegakarate.com/