Xornada de Xogos Deportivos Populares Amencer 2023

Xogos Populares e Tradicionais -

Ourense
06/10/2023
22:00
Ourense
07/10/2023
17:00

Na nosa sociedade, na que impera o individualismo e hai un escaso número de persoas involucradas en entidades, nós pretendemos fomentar o asociacionismo dende idades miúdas, coa intención de ir creando un xerme de persoas que nun futuro próximo se comprometan coa sociedade na que viven, a través de asociación a traballando en equipo con outras persoas. Nós pretendemos favorecer un tempo libre educativo, non consumista e participativo, onde os rapaces/zas asuman un papel protagonista na súa toma de decisións no tocante a esta realidade. A importancia dalgúns elementos que están na base da nosa proposta educativa: o tempo libre, a educación, o desenvolvemento integral da infancia e mocidade de Galicia, o intercambio de experiencias… Queremos ir incorporando novas actividades e propostas á nosa oferta. Polo que este é o “recuncho” aberto a todo de iniciativas que vaian xurdindo.
Trátase dunha xornada interxeracional, para pais e fillos, onde o deporte será a base da mesma.
Entre as actividades están as seguintes:

  • Zancos
  • Futbolín
  • Pimpón
  • Petanca
  • Paracaídas
  • Ringo-gol
  • Tirasoga
  • Aros
  • Rugby
  • Hockey
  • Fútbol gaélico
  • Brilé
  • Volei
  • Bolos

Organización

Asociación Xuvenil Amencer

Contacto

Asociación Xuvenil Amencer
Noemi Iglesias Fernández
Técnico
Praza Don Bosco, 1 - Baixo 32003 Ourense
988 218 123
amencer@amencer.org
http://www.amencer.org